Podería definirme como compositor, músico e titiriteiro, así como Técnico en Animación
Sociocultural e socio fundador da Compañía “A Xanela do Maxín”
No
2011 comezo a miña andaina en solitario neste novo proxecto e a día
de hoxe conto coas seguintes creacións:
- Cantamos un Conto? (2011)
- O Bigote de Mimí (2016)
- O Mundo de Carliños (2017)
- Cantamos un Conto? (2011)
- O Bigote de Mimí (2016)
- O Mundo de Carliños (2017)
De cara ao outono-inverno do 2018 presentarei o meu primeiro libro disco!!!
Ademais, na
compañía que dirixo xunto con Celtia Figueiras: “A Xanela do
Maxín” son tamén autor e produtor de catro pezas para Títeres
“Na Busca da Arte”, “A Caixa de Nuk” “O Murmurio do Mar”
e “Só Lles Falta Falar”, así como coautor e produtor doutras
tres “Chincha Rabincha”, “A Pequena Lúa” e “O Rei
Destronado”, participando coas mesmas nos distintos circuitos
profesionais de Galicia e aos que asistiu a diferentes festivais
tales como: Juglares (Córdoba-Arxentina), Titirisanse (Madrid),
Galicreques (Santiago), UNIMA CYL (Soria), Titirideza (Lalín), Salta
(Arxentina), entre outros.
Por
outra banda produxen á vez interpreto os contacontos con monicreques
“Os Libros do Titiritero” e “Titeremusicontos”, sendo neste
último o compositor da música que se representa en directo, ó
igual que en “O Murmurio do Mar”