O MUNDO DE CARLIÑOS



Por petición popular, unha vez máis xuntamos a música e os monicreques para lembrar ao autor homenaxeado nas letras galegas 2017: Carlos Casares. 

Carliños soña con ser escritor e xunto con Luis Vallecillo compartirá con todas e todos as historias que nacen do seu maxín. Personaxes como unha galiña azul ou O Can Rin e o Lobo Crispin ,que xa bulían pola cabeza de Carlos Casares cando tan só era u rapaz. 

Neste concerto cantarémolas e bailarémolas coma nunca antes se fixera.